28 dezembro 2005

As feridas da nosa marcha do Bloque ainda seguen abertas

Pois como escoitades amighuiños, ainda que pareza que tres anos e medio despois da que montamos no PNG e no BNG estaría todo máis que pechado, inda por riba agora que xa beliscaron un pouco de poder como muletillas dos rojos españoles na Xunta, pois resulta que non, que ainda doen nalgúns membros e membras do Bloque a nosa marcha cos altofalantes a todo meter. E preghuntaredesme que como carallo entereime eu diso, sobre todo porque hai tempo que deixei de frecuntar os guetos e antros esquerdentos, tanto de Vigho coma da capital do Reino. Pois ben, onde manos o esperas, vai e salta a cabra, é decir, o esquerdento. Estaba eu no aniversario dun amigho meu da infancia cando me topo cun recoñecido militante de Esquerda Nacionalista, ou sexa, dos socialistas nacionalistas ou nacional socialistas - propiedade conmutativa: a alteración da orde dos termos non modifica o resultado - quen me sauda amablemente e con quen non volto a cruzar palabra ate que él e a a súa compaña, outro amighuete da mesma secta, cunhas birras de máis achéghase canda min é empeza a barallar algho sobre o noso comportamente felón -non son palabras textuais xa que dubido moito que o noso amigho saiba de que vai iso da felonía-, que os trapos sucios lávanse na casa, bla, bla, bla, ademáis de recordarme por enésima vez que son de Dereitas - coma se un tivese que avergoñarse de ter cerebro e ideias de seu, vaiche boa -.

Maxinando, días despois, dei co porqué de tanta mala baba dalgúns contra o noso fustrado proxecto. En primeiro lugar, estábamos a darlle vida a un partido morto dentro do BNG que a eles so lles interesaba pasear coma a mona da feira pra dicir que mira que plurales somos na fronte que teñemos liberales e todo, o problema surde cando os liberais empezan a moverse e levantan un pouco a voz. Pero o que máis doe, sobre todo nos membros de Esquerda Nacionalista, é que os deixaramos co cú ao aire e sen lugar onde refuxiarse. Eles pactaran naquela turbulenta asemblea do BNG co PNG para intentar facer un fronte común contra a todopoderoso maquinaria marxista-estalinista da UPG, ante o cal, o propio Beiras díxolles aburiños, que a min nesta non me colledes. O problema é que pactaron coa dirección do PNG, a cal tentaba de dormir a súa base, porque sabía que había unha operación para tomar o poder do partido por parte dos máis mozos xunto coa militancia de Santiago de Compestela. Ante as maniobras maquiavélicas de Peña, Brenlla e Morell - a santísima trinidade do PNG que logo acabaría como o Rosario da Aurora - con explusións inxustificadas e completamente ilegais, nós imos pedir a intervención do secretario de organización do BNG, quen nos manda a tomar vento fresco e négase en redondo a permeter alomenos o poder ficarnos no BNG como corrente de opinión. Ante tal situación, non no restou outra solución que a sabida por todos, liscar do BNG e do PNG - deste último os que non fóramos expulsados de xeito irregular ainda -.
O resto é sabido, consello nacional onde Bautista Álvarez, grande maese da UPG, faille unha españolísima peinete a Peña mentres lle di aquelo de "jodeté, jodeté" e pasa a coitelo a boa parte dos insurrectos de Esquerda Nacionalista.

Hai que tempos aqueles!

Benvidos á miña bitácora persoal

Volve Endereitar á Liberdade á rede. Despois dunha primeira xeira onde por motivos personais non fun quen de manter activa esta bitácora, agora rexurde cun novo estilo do que espero que gustedes.
Volto con gañas de escribir,de ranciar e dar guerra, sobre todo nestes oscuros tempos onde a nosa querida Patria quedou en mans dos rojos españoles grazas a que un BNG cada vez mais escorado a esquerda son quen de vender e prostituir a ialma do noso País por un mísero prato de lentellas e unha cadeira onde por o cú.
Esta é unha bitácora para xente de orde, para eses galegos bos e xenerosos que non renuncian á loita contra a peste roja que ven contaminando ao nacionalismo galego dende aquel fatídico ano de 1963 é que hoxe tocou poder.

Irmáns, Saude e Terra!